Jean-Christophe Geiser desenvolveu unha rápida carreira dende o ano 1991 cando ós 26 anos de idade foi nomeado gañador do prestixioso cargo de organista titular da Catedral de Lausanne, un dos templos góticos máis importantes de Suíza. En 1993 foi nomeado profesor de órgano para estudos profesionais na Universidade de Música de Lausanne, onde é o actual director do departamento de órgano e clavicémbalo. Así mesmo é o director da Sociedade de Concertos da Catedral. Estudou na Berne University of Music, con Otto Seger, acadando un diploma en piano, e con Heinrich Gurtner, co que logra un diploma de solista con honores. Tamén foi galardoado co Premio da Fundación Gohner, estuda órgano con François-Henir Houbart e asiste a numerosos cursos de interpretación. Durante o seu período na University of Music, tamén estuda dereito e musicoloxía na universidade de Berna. Jean-Christophe Geiser realizou concertos en arredor de trinta países ó redor de toda Europa, América e na antiga Unión Soviética como concertista de órgano, regularmente patrocinados pola Pro Helvetia Foundantion. Foi invitado a numerosos concertos nas catedrais de Hamburgo, Colonia, Helsinki, Bruxelas, Oslo e Washington DC, así como en Notre-Dame de París, St. Martin in the Philarmonie en San Petersburgo, Filarmónica de Munich, Stocklolm Organ Festival, o Cathedral and Bach Festival in Warsaw, o Tibor Varga Festival en Sión, o Bodensee festival, no Festival de órgano Bos Aires e en diversos festivais en España, Hungría e a República Checa. Jean-Christophe Geiser realizou así́ mesmo numerosas gravacións para numerosas radios Suízas, DeutschlandRa- dio, Sudwestfunk, Radio Russie, VDE-Gallo, IFO-Verlag and FNAC-Musique. Realizou así mesmo o proxecto para o novo órgano Fisk da Catedral de Lausanne.