Nado en Polonia, realizou estudos de órgano e saxofón. É Organista e Profesor de Órgano na especialidade de litúrxica, títulos obtidos coa cualificación de sobresaínte, pola Escola Episcopal de Órganos de Pelplin (Polonia, 1993). É profesor de saxofón no Conservatorio de Música Grudziadz (Polonia, 1994). Posteriormente sigue completando a súa formación e experiencia como organista co profesor Esteban Landart no Conservatorio Superior de Música de San Sebastián, Musikene, e no Conservatorio Superior de Bydgoszcz (Polonia), co profesor Radoslaw Marzec.
Dende 2002 reside en España, onde ofrece regularmente concertos de órgano e saxofón. Ademais, o mestre Prella é convidado
regularmente a dar recitais de órgano en festivais nacionais e internacionais de Polonia, Noruega, Alemaña, Baleares e Italia. O seu repertorio abrangue dende o barroco ata obras de compositores contemporáneos. Ademais, é un destacado e prestixioso experto en improvisación. Durante todos estes anos, é organista de Los Corrales de Buelna (2002) e organista titular da Catedral de Santander (2004) así como autor e arquitecto do proxecto de construción dos tres novos órganos da Catedral de Santander. É autor de varios CD, Director Artístico do Festival Internacional de Música de Órgano Barroco «Las Merindades» e Director Artístico do Festival Internacional de Música de Órgano San Vicente Mártir.