Roman Perucki diplómase en órgano baixo a guía do mestre Leon Bator na Academia de Música de Danzica no 1985, onde agora é profesor da órgano, docencia que des- envolve contemporaneamente co das escolas secundarias. Continuou cos seus estudos realizando numerosos cursos de perfeccionamento en Polonia e no estranxeiro. Actualmente é o primeiro organista da Catedral de Danzica Oliwa e conselleiro do Presidente da cidade de Danzica. E tamén director administrativo da Baltic Phillarmonic Orchestra, presidente da asociación Musica Sacra e da Sociedade dos amigos da Catedral en Danzica Oliwa. Roman Perucki é director do “Festival Internacional de música de órgano” da Catedral de Oliwa e do concurso internacional “J.P. Sweelinck de Danzica como tamén de outros ciclos internacionais, sexa en Danzica que en Frombork, Jastarnia, Stegna, Rumia, JastrzębiaGóra e Żarnowiec. Membro do xurado en moitos concursos de órgano, tamén é profesor de distintos cursos de perfeccionamento que se realizan en Polonia, Portugal, México, Croacia, Rusia e Francia. Ata o momento realizou más de 2000 concertos de órgano: recitais solísticos, concertos con acompañamento de orquestras de cámara e sinfónicas, acompañando solistas e dúos tamén coa súa muller Maria Perucka ó violín. Realizou recitais en toda Europa, Rusia, Xapón, China, México, Estados Unidos a Australia. Tocou nas mais famosas igrexas e salas de concerto de todo o mundo entre as cales Notre Dame de París, catedral de San Bavone en Gent (Bélxica), Marinskij Theater de San Pietroburgo. Gravou numerosos CD e efectuou gravacións para radio e para televisión nacionais e internacionais. Foi distinguido co Premio a Cultura da parte do ministerio da Cultura e recibiu premios e recoñecementos por parte das autoridades da cidade de Danzica. No 2008 é nomeado do Ordine di San Silvestro. Polo seu traballo no Vaticano foille conferida a “Croce pro Ecclesia et Ponfitice” medalla que ven concedida ós laicos –homes e mulleres- e ós eclesiásticos que se distinguen polo seu servizo cara a Igrexa e a persoa do Romano Pontífice.