VIBEKE ASTNER

Lo último del obispo


Vibeke Astner realiza concertos por toda Europa como solista e como música de cámara e interpreta un repertorio moi variado. Estudou órgano e dirección na Real Academia Danesa de Música en Copenhague. Pouco despois, obtivo a súa titulación de concertista solista no Conservatorio de Amsterdam, estudando co mestre J. v. Oortmerssen. Posteriormente especializouse nas obras de Messiaen co mestre Rössler en Dusseldorf e improvisación co Mestre Dankzagmüller en Lübeck. Realizou numerosas retransmisións para a radio e televisión Danesa. Foi premiada como música de cámara nas competicións da Radio Danesa. Os seus sete CD Early organ music, Danser med orglet 2, Bach — a quiet hour, Danser med orglet (transcricións para dous organistas), Danish Romantic organmusic (tocando en instrumentos históricos daneses), Les corps glorieux (música de O. Messiaen) e Virtuos musik fra Venedig (música de cámara) foron recibidos con grandes eloxios en Escandinavia e son habitualmente retransmitidos na Radio Nacional Danesa. 

Contactos
Dirección

Plaza de Santa María 1
27001 Lugo Lugo

Teléfono

982231143

Correo electrónico

Envía Correo

March