En Xesús o Pai ofrécenos todos os tesouros da reconciliación e da sabedoría; inaugura o tempo da graza e a verdade: se entregou ao seu Fillo por nós, como non nos dará todo con El? Ao acoller o don da súa misericordia e da súa amizade, a nosa existencia atópase sostida por unha esperanza inquebrantable, non estamos deixados ás nosas soas forzas, non desfalecemos, porque o Señor está connosco todos os días, ata a fin do mundo, e fainos membros do seu Corpo, desa gran compañía dos seus irmáns que é a Igrexa.