ANO XUBILAR ROMANO 2025
PEREGRINOS DA ESPERANZA
En unión coa Igrexa universal, como porción do Pobo de Deus nestas terras da Diocese de Lugo, celebramos tamén nós aquí o Ano Santo 2025 do nacemento do Salvador.
Deus vén ao mundo e nace en Belén para establecer a Alianza nova e definitiva co seu Pobo.
A convocatoria do Ano Xubilar Romano polo Papa Francisco é unha invitación para todos a levantar a mirada con alegría cara esta gran obra de salvación iniciada en Nadal hai 2025 anos; e a lembrar que segue presente na historia, iluminando e orientando os nosos camiños na vida, conducíndoos ao seu verdadeiro destino, á realización plena da nosa esperanza, no Reino dos ceos.
+ Alfonso,
Obispo de Lugo