Início / Menu Diócesis / Noticias

A Igrexa celebra o 3 de xullo a Xornada de responsabilidade no tráfico


O primeiro domingo de xullo, este ano o día 3, a Igrexa en España celebra a Xornada da responsabilidade no tráfico. Unha Xornada que se fixou, hai xa 54 anos, próxima a a festividade do patrón dos condutores, San Cristóbal, o 10 de xullo, e coincidindo co inicio dos desprazamentos masivos polas vacacións de verán. “María púxose en camiño” (Lc 1, 39) é o lema deste ano.

departamento de Pastoral da carretera editou os materiais para esta xornada.

Cal é a mensaxe dos bispos?

Os bispos da Subcomisión Episcopal para as Migracións e Mobilidade humana, na súa mensaxe para este ano, poñen a María como modelo de servizo e de axuda ós demáis. Igual que María se puxo en camiño para visitar á súa curmá Santa Isabel, embarazada de seis meses, para prestarlle a súa axuda, “todos os días -sinalan- hai millóns de condutores, homes e mulleres, que collen o seu vehículo ou transporte público, e póñense en camiño para acudir ao traballo, facer xestións, visitar enfermos, familiares e amigos ou, sinxelamente, pasar coa familia uns días de descanso”. Nesta listaxe destacan ós que se poñen en camiño para axudar ós demáis nas súas casas ou hospitais. E ós que se paran a socorrer a outros cando na estrada sufriron un accidente de tráfico.

Unha chamada á responsabilidade dos condutores porque o risco cero non existe

Nesta mensaxe para a Xornada da responsabilidade no Tráfico os bispos advirten que “o risco cero, cada vez que nos subimos a un vehículo, non existe”. Por iso, puntualizan, “habemos de respectar e cumprir fielmente as normas do código de circulación”.

Ademais, chaman a atención dos condutores “para que entre todos fagamos realidade o que aínda hoxe segue parecendo unha utopía: cero accidentes mortais nas nosas rúas e estradas”. Para iso, apelan á conciencia e aos ensinos evanxélicos “de facer o ben a todos, ata o punto de amar ao próximo como a un mesmo”. Porque a estrada “non debe ser unicamente un lugar de ir e de vir, senón tamén un lugar de vivir a fe, de encontro, de diálogo, de goce, de convivencia, de oración…”. Na estrada, "o condutor asume unha serie de obrigacións e responsabilidades cada vez que se pon en camiño”.

San Cristovo únenos na dor e na esperanza

Nesta Xornada están especialmente presentes os problemas dos transportistas e outros profesionais da estrada que ademais, este ano, enfróntanse á subida dos prezos dos combustibles e do mantemento dos seus vehículos "que diminúe o seu poder adquisitivo tan necesario para manter a súa empresa e sacar adiante á familia”. Pero a pesar das dificultades convidan a compartir a festa de San Cristovo, interrompida pola pandemia, como un momento para “compartir xuntos un aperitivo ou xantar coa familia e os amigos en fraterna e gozosa harmonía”. “Á Virxe Santísima da Prudencia e a san Cristóbal, elevamos as nosas súplicas e oracións, para que vos acompañen e guíen a todos os transportistas e condutores e cada día cheguedes felizmente ao voso destino”, termina o escrito.