Início / Menu Diócesis / Noticias

A revista Lvcensia «segue abrindo camiño»


O pasado xoves, 17 de novembro, presentouse o número 65 de Lvcensia, a revista que publica a biblioteca do Seminario DiocesanoO acto, presidido polo Bispo Mons. Alfonso Carrasco, estivo dirixido polo reitor David Varela e contou coa presenza do director da publicación, Gonzalo Fraga, e do membro do consello de redacción, Óscar González.

A parte central do acto correu a cargo da autora do primeiro artigo, a licenciada en Xeografía e Historia María Quiroga, quen sinalou que “o Museo Provincial de Lugo ten unha serie de pequenas coleccións que quedan solapadas ou ensombrencidas por outras máis chamativas ou atraentes para o público  xeral. Este é o caso da pequena colección de louza dourada mudéxar e mourisca. O seu interese radica en que nos transporta a catro séculos de historia do noso país”.

Ademáis indicou que no seu traballo "analizamos o valor histórico artístico de cada unha das pezas e por outro reconstruímos a historia da propia colección: as súas orixes, a forma de ingreso no Museo”.

Mons. Alfonso Carrasco pechou o acto facendo referencia a Lvcensia e afirmando que "esta presentación significa que a vida segue, que a redacción segue traballando, que o centro de vida e cultura que representa a biblioteca do Seminario segue abrindo camiño”.