Início / Menu Diócesis / Noticias

A Xunta licita a restauración da cuberta e outras melloras na igrexa de Vilabade

Foto: caminodesantiago.gal.


A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia vén de licitar as obras de restauración da igrexa de Santa María de Vilabade, no concello de Castroverde. O proxecto ten un presuposto de 162.700 euros y o seu principal obxectivo é eliminar as filtracións de auga que sofre o templo. Ademáis, realizaranse traballos de conservación preventiva nas súas pinturas murais.

A igrexa de Santa María de Vilabade está protexida polo seu valor cultural. É un dos máis de 780 Bens de Interese Cultural (BIC) galegos e figura no Catálogo de Protección do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Castroverde. Así mesmo, está situada no Camiño Primitivo.

Na década dos anos 70 do século XX realizouse unha importante obra de reforma nas cubertas, na que se incorpora por riba das bóvedas uns forxados de formigón deixando un espazo baixocuberta entre ambos. Tamén nesa intervención se substitúen os revocos de cal por outros de morteiro de cemento que provocaron co paso do tempo importantes patoloxías no edificio.

Contactos
Dirección

Plaza de Santa María 1
27001 Lugo Lugo

Teléfono

982231143

Correo electrónico

Envía Correo

March
Más