Início / Menu Diócesis / Noticias

Acollida a peregrinos e visitantes en igrexas do Camiño de Santiago


A Diocese de Lugo mantén un programa de acollida de peregrinos e visitantes en todas as vías do Camiño ao que agora, coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia, incorpora cinco igrexas máis en tres trazados do Camiño de Santiago. Estas igrexas contan, desde maio a outubro, cun horario máis amplo de acollida e información ás que se sumarán outras nas que xa está previsto este servizo.

Un convenio da Diocese de Lugo coa Xunta a través da Axencia de Turismo de Galicia permitirá aumentar a acollida a peregrinos e visitantes en cinco novas igrexas en tres dos trazados do Camiño de Santiago que transitan pola territorio diocesano: San Nicolao de Portomarín (Camiño Francés); Santa María de Vilabade, Santa Ma- ría da Fonsagrada (Camiño Primitivo), San Salvador do Hospital de Quiroga e San Miguel de Montefurado (Camiño de Inverno). 

A intención é estender este programa a algunha igrexa máis no Camiño Francés neste mesmo curso en atención do fluxo de visitantes e peregrinos.

A Diocese de Lugo está comprometida na atención ás persoas que peregrinan a Santiago, á vez que se valora o rico patrimonio cultural co que se conta. As circunstancias pastorais, que dificultan unha acollida máis extensa, son suplidas con iniciativas propias das parroquias e da Diocese na misión de mellorar a experiencia de todas as persoas que se achegan ás nosas comunidades a través do Camiño.

Nestes momentos, mediante este convenio coa Xunta de Galicia, facilítase a contratación de persoal que realice este labor de acollida.