ARTURO BARBA

Lo último del obispo


É organista titular da Compañía de Xesús de Valencia e Organista principal da Orquestra da Comunidade Valenciana (Ópera, Palau de Les Arts) e da Orquestra de Valencia (Palau de la Música), coas que traballou xunto a directores como Z. Mehta, M. Plasson, C. Halffter, J. Pons, E. García Asensio, Y. Traub, J. Gaffigan e M. A. Gómez-Martínez entre outros moitos. 
Ten realizado gravacións en directo para RNE-Radio Clásica así como varios rexistros discográficos. Desenvolve unha intensa actividade concertística que lle leva a participar nos máis importantes festivais organísticos de toda a xeografía española e a interpretar recitais en Alemaña, Holanda, Francia, Portugal e Italia. 
Fórmase en Valencia con V. Ros (Premio Extraordinario Fin de Carreira) e en Madrid con R. Fresco, especializándose en prestixiosos cursos internacionais con T. Koopman e J. Laukvik (Bach, International Academy for Organists en Haarlem, Holanda); L. F. Tagliavini, G. Iotti e R. Alessandrini (música barroca italiana); E. Kooiman, M. Bouvard y O. Latry (clasicismo e romanticismo francés); M. Torrent, J. Artigas e J. L. González Uriol (música ibérica); L. Chiantore, J. Achúcarro, D. Bashkirov e J. Colom (piano). 
É Profesor do Conservatorio de Torrente (Valencia) e actúa como director artístico en varios Festivais de órgano españois. 

Contactos
Dirección

Plaza de Santa María 1
27001 Lugo Lugo

Teléfono

982231143

Correo electrónico

Envía Correo

March