Início / Menu Diócesis / Noticias

«As vosas familias e parroquias envíanvos confiados no Señor e en vosoutros»


Este pasado venres, 21 de xullo, un grupo de xóvenes da nosa Diocese que participarán na Xornada Mundial da Xuventude de Lisboa celebraron, na Catedral de Lugo, unha Eucaristía presidida polo Bispo, monseñor Alfonso Carrasco. Na homilía, o Bispo fixo memoria de que o que estaban a vivir era unha Misa de Envío: "as vosas familias, as vosas parroquias e as vosas comunidades, envíanvos confiados no Señor e en vosoutros".  Ademais, invitounos a pensar que, cando regresen do encontro, "traeredes nos vosos corazóns, nas vosas miradas, riquezas que serán un ben para todos".

A Eucaristía estivo concelebrada polo delegado episcopal de Xuventude, don Luis Varela, e varios sacerdotes da Diocese.