Início / Menu Diócesis / Noticias

Asemblea diocesana de catequistas o 3 de xuño


O 3 xuño celebrarase en Lugo a asemblea diocesana de catequistas para compartir a "Alegría de ser catequistas" e para agradecerlle a Deus o don tan prezado deste ministerio. A xornada desenvolverase no colexio FEC San Xosé, situado na rúa Santiago da capital da Diocese. Comezará ás 10.30 h coa acollida; posteriormente haberá unha serie de comunicacións nas que se presentará o método "Vinde e veredes"; ás 13:30 h terá lugar a Eucaristía; ás 14.00 h será o xantar; ás 15.30 h haberá unha representación teatral e ás 17.00 clausurarase a xornada.