A festa na honra do patrono da Diocese e da cidade de Lugo, San Froilán, celebrouse tamén en Barcelona esta fin de semana. Na cidade condal, un numeroso grupo de fieis, acompañados polos sacerdotes diocesanos don José Antonio Ferreiro e don Miguel Álvarez, festexaron ao santo lucense cunhas solemnes Eucaristía e procesión.