Este sábado, 20 de maio, o Bispo de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco, visitou a parroquia de Lalín (Pontevedra) onde celebrou a Eucaristía. Nela, o prelado bautizou a unha adulta e administrou o sacramento da Confirmación a outros 26 mozos.
Na celebración, os xóvenes estiveron acompañados polos seus familiares e catequistas. A Misa estivo concelebrada polos sacerdotes Marcos Torres, José Antonio Salgado e Alejandro Asorey.