No mes de marzo deste 2023 fegreses da parroquia lucense Taboada constituiron unha confraría para, segundo o seu párroco, Alejandro Asorey, "facer máis viva a celebración da Semana Santa". Naquel momento, os confrades adquiriron, nun taller andaluz, unha talla de Xesús Nazareno. A imaxe, que xa procesionou nesta pasada Semana Santa, foi bendicida solemnemente este domingo, 1 de outubro, dentro da celebración da Eucaristía, que encheu de fieis o templo parroquial.