CLAUDE HAURI

Lo último del obispo


Comeza de mozo o estudo do violoncello co mestre Taisuke Yamashita que o acompaña ata acadar o Diploma, obtido no Conservatorio de Lugano. Pro- segue despois os estudos con Raphael Wallfisch, co cal obtén o diploma de perfeccionamento na Musikhochschule de Winterthur, Alain Meunier e Zara Nelsova. É violoncello solista na Ensemble Nuovo Contrappunto de Florencia e no Ensemble Algoritmo de Roma, e tocou como primeiro violoncello na Youth World Orchestra da Jeunesses Musicales. Tanto como solista como en grupos de cámara desenvolve unha intensa actividade concertística que lle permite exhibirse intensamente en toda Europa, Australia e América do Sur en festivais como Amici della Musica de Palermo, Biennale de Venecia, Unione Musica Insieme de Boloña, Teatro El Círculo en Rosario, Fundación Kinor de Bos Aires, Festival de Lubjiana, Festival Nancy. 
En calidade de solista con orquestra exhibiuse nos últimos anos con numerosas orquestras (entre as que cabe destacar a Orchestra di Fiati della Svizzera Italiana, Orquesta Sinfónica Nacional Argentina, Orchestra della Svizzera Italiana, Orquesta Sinfónica de Entre Ríos, Orquesta Sinfónica Uncuyo, l’Ensemble Nuo- vo Contrappunto de Florencia baixo a dirección de mestres como Piero Gamba, Reinaldo Zemba, Levin Griffiths, Mario Ancillotti e Louis Gorelik. 
Adica particular atención ó repertorio contemporáneo. Son moitísimos os estreos de obras que leva realizadas, moitas veces a el adicadas, e colaboracións con compositores como S. Sciarrino, L. De Pablo e P. Glass por citar algúns. Numerosos son os concertos transmitidos en directo radiofónico para emisoras como SSR RSI, DRS, RAI e gravacións discográficas editadas por Amadeus, Jecklin, Nuova Era, Szene Schweiz. Nas ultimas publicacións discográficas colabora coa violinista Bin Huang (Brilliant Classics) e co Trio des Alpes (Dynamic). Toca un espléndido violoncello de Gian Battista Zanoli, lutier italiano do século XVIII. 
Xunto a Corrado Greco e a violinista Mirjam Tschopp da vida ó Trio des Alpes, co cal desenvolve unha intensa actividade en toda Europa. 

Contactos
Dirección

Plaza de Santa María 1
27001 Lugo Lugo

Teléfono

982231143

Correo electrónico

Envía Correo

March