O sábado 6 de maio, na Catedral de Lugo, a partir das 20:45 h, os grupos musicais Solo Voces e Mistura Vocal, ofrecerán un concerto de música sacra.
Mistura Vocal é un coro dirixido por Aloia Martínez e formado por xente de Vigo, Ponteareas, Mos, Porriño e Tui. Recibiron os tres primeiros premios de certames nacionais en Burgos, Avilés e San Vicente de la Barquera.
O coro lugués fará un repertorio no que terá presente a Juan Antonio Moreno Fuentes, que foi Mestre de Capela da Catedral de Lugo, coas obras "Crux Fidelis" e "Omni die". Ademais, interpretarán por primeira vez en Lugo a obra “Noso pai” do compositor Octavio Vázquez.