DÍA IGREXA DIOCESANA 2014 GAL


PARTICIPAR NA TÚA PARROQUIA É FACER UNHA DECLARACIÓN DE PRINCIPIOS
Día da Igrexa diocesana 2014

Queridos irmáns,

Todos sabemos que o que somos e queremos exprésase a miúdo máis cos xestos que coas palabras e que estas mesmas mostran a súa verdade nas obras.

Isto sucede especialmente cando as nosas accións, aínda que sexan sinxelas e non chamen a atención, non se esconden, senón que se realizan abertamente. Ademais, canto máis firmes son as nosas conviccións e os nosos afectos, tanto máis chegamos a poder expresalos en público.

Esta tamén é a forma en que pode facerse ver cotiamente a fe cristiá que levamos no íntimo do corazón: tende a expresarse na nosa vida, non só na participación en celebracións particulares, senón no noso xeito de facer as cousas e de empregar o tempo. Tal é o caso, por exemplo, do noso modo de vivir o amor matrimonial e a familia, que calquera pode ver aínda que non busquemos darlle publicidade; ou do noso modo de vivir no traballo e en relación co diñeiro, que non podemos endiosar; ou no modo de mirar e de atender ao necesitado que está ao noso lado.

A fe faise así pública -tamén na vida política- nos actos, no modo de facer as cousas. Dicíanolo o Señor: Unha árbore sa non pode dar froitos malos, nin unha árbore danada dar froitos bos… É dicir, que polos seus froitos os coñeceredes (Mt 7,18.20).

Participar na nosa parroquia é igualmente un xesto sinxelo, da nosa vida cotiá; pero que está cargado de significado, porque expresamos así en público os nosos principios, é dicir a fe do noso corazón.

O xesto de poñer a cruz a favor da Igrexa na nosa "declaración da renda" di ante todos un pouco dos nosos afectos profundos, da nosa fe en Deus, da nosa pertenza ao seu Pobo, que está presente na nosa terra en comunidades e parroquias concretas.

Así, nun xesto pequeno, dicimos a nosa liberdade, a nosa esperanza e o noso amor máis persoal. E expresamos o máis grande, o que engrandece e ilumina as nosas accións cotiás e as converte nun testemuño dado con sinxeleza no medio da nosa sociedade.

Esta é, ao mesmo tempo, a axuda que necesita a Igrexa: a nosa presenza verdadeira, que se expresa no compromiso económico de cada un, segundo as súas posibilidades, e no compromiso cotián, no noso modo de vivir e de falar, de acompañarnos e de axudarnos, de expresar os nosos principios e a nosa fe con liberdade no medio da nosa sociedade.

Que o Señor nos garde a conciencia viva de canto vale poder converter todas as nosas accións, as máis materiais e mesmo económicas, nun signo da liberdade e do amor máis grandes, en testemuño da presenza do Deus que dá dignidade e sentido definitivos á nosa existencia.

Nacimiento
12 de octubre de 1956
Villalba (Lugo)

Ordenación sacerdotal
1985

Ordenación episcopal
9 de febrero de 2008

Nombramientos
Obispo de Lugo

Presidente de la Comisión Episcopal para la Educación y Cultura

Miembro de la Comisión Permanente de la Conferencia Episcopal Española

Contactos

Dirección
Diócesis de Lugo – Obispado de Lugo
Praza Santa Maria, 1
27001 Lugo

Teléfono 
(+34) 982 231 143

Email
Envía correo