DÍA IGREXA DIOCESANA 2015 GAL


UNHA IGREXA E MILES DE HISTORIAS GRAZAS A TI
Día da Igrexa diocesana 2015

Queridos irmáns,
Un ano máis estamos chamados a tomar conciencia da Igrexa Diocesana á  que pertencemos, e que facemos cada un de nós coa nosa presenza, coa nosa resposta de fe a Deus e co noso compartir.
Camiñamos unidos, axudándonos a vivir na verdade e na caridade. Compartir é o signo do noso modo de ser, de estar cada día ao lado dos nosos irmáns coa conciencia renovada pola fe en Cristo Xesús.
Nesta comuñón dos irmáns poden construírse relacións novas, dunha gratuidade non usual no noso mundo, que vén do Evanxeo. E faise posible o protagonismo verdadeiro e a historia de cada un, de nós mesmos e daqueles cos que formamos esta "familia" de cristiáns que é a nosa Igrexa en Lugo.
Para todos é unha alegría ver ao noso arredor rostros que nos falan de fortaleza na adversidade, de compañía e de xenerosidade ante a necesidade, de amor verdadeiro, de fidelidade e de entrega de si de tantas maneiras. Reforzan a nosa fe ante o misterio da vida, renovan a esperanza e derrotan a soidade. Son como luces, moitas veces discretas, pero ben reais, no medio da nosa sociedade.
A nosa entrega cotiá, o noso dar e compartir como irmáns, soster a nosa Igrexa diocesana, serve para isto, para facer posible a historia boa de moitos, dos próximos e queridos en primeiro lugar, e de todos aos que chega así a experiencia de vida nova que xermola do Evanxeo.
Nesta Xornada recordamos, pois, o protagonismo de cada un, porque nunca é demasiado pequena a vida de ninguén, nin está destinada a ser insignificante; e, ao mesmo tempo, agradecemos poder ser comunidade cristiá e vivir unidos. Porque as moitas historias son sempre de persoas concretas, de alguén en particular, pero fanse posibles coa presenza viva da Igrexa do Señor.
Vivamos nos nosos lugares concretos, en parroquias e comunidades, o noso ser Igrexa. Participemos de corazón, acollendo a semente da Palabra evanxélica e o amor do Señor nos sacramentos; e aprendendo a vela como cousa nosa, a compartir as súas necesidades. Coidémola como un tesouro, como o lugar en que podemos ser cristiáns, coñecemos o Evanxeo e aprendemos a compartir; e onde se fan posibles miles de historias, e entre elas a nosa propia.

Nacimiento
12 de octubre de 1956
Villalba (Lugo)

Ordenación sacerdotal
1985

Ordenación episcopal
9 de febrero de 2008

Nombramientos
Obispo de Lugo

Presidente de la Comisión Episcopal para la Educación y Cultura

Miembro de la Comisión Permanente de la Conferencia Episcopal Española

Contactos

Dirección
Diócesis de Lugo – Obispado de Lugo
Praza Santa Maria, 1
27001 Lugo

Teléfono 
(+34) 982 231 143

Email
Envía correo