Início / Menu Diócesis / Noticias

Don Alfonso: «A Virxe é unha grande patroa que nos invita a confiar en Deus»


O pasado luns, 15 de agosto, celebrouse na Catedral de Lugo a solemnidade da Asunción da Benaventurada Virxe María. A Eucaristía Solemne estivo presidida polo Bispo da Diocese, Mons. Alfonso Carrasco Rouco, quen se referiu na homilía á salvación da humanidade como algo que ten lugar cando “se acolle o don de Deus, a súa graza, e se acepta que os homes non son os señores da historia. Neste sentido, o Prelado lembrou que "o mundo triunfará coa Virxe e con Deus, que van desvelando a verdade das cousas”. Tamén sinalou que "é a graza de Deus a que sostén a vida de todos nós, que estamos destinados a ser redimidos. Rematou don Alfonso asegurando que María "é unha grande patroa que nos invita a confiar nela e en Deus”.