Início / Menu Diócesis / Noticias

O noso Bispo dá grazas a Deus «que, por medio de moitos, acompañounos sempre»

Foto: A Nosa Voz.


Mons. Alfonso Carrasco celebra hoxe o seu 14 aniversario de ordenación episcopal.
Esta mañá, o prelado presideu a Eucaristía na nosa Catedral. Na homilía, o Bispo lembrou que “a sucesión apostólica é un signo de como imos de xeración en xeración enxertándonos na mesma Igrexa, no mesmo Pobo de Cristo, recibindo o mesmo espírito, o mesmo Evanxeo, escoitando ao mesmo Mestre, alimentándonos co mesmo Pan. A sucesión apostólica dinos que o Señor é quen está no medio de nós, a pedra angular, o fundamento. A isto pertencemos en cada xeración e concretamente cada un de nós, que non somos estranxeiros senón que estamos na casa do Señor."

Ao tempo, don Alfonso manifestou o seu agradecemento a Deus "porque nos chamase a ser parte do seu pobo, poque nos uniu. Cando celebramos días como este" -remarcou o Bispo- "damos grazas ao Señor por todas as persoas que nos puxo no camiño, coas que nos fixo partícipes da súa sabedoría e da súa graza. Porque por medio de moitos o Señor acompañounos sempre. Demos grazas a Deus pola súa Igrexa, que camiña ao longo dos séculos."