Início / Menu Diócesis / Noticias

Don Alfonso presidirá o día da Irmandade Obreira de Acción Católica


O sábado día 6, na parroquia San Francisco Xavier de Lugo, celébrase o día da IOAC (Irmandade Obreira de Acción Católica) de Galicia. A xornada comezará ás 10.45 h coa acollida e a oración da mañá. Ás 11.15 h terá lugar a presentación do tema do día, que xirará baixo o  título “Tecer vínculos de fraternidade no mundo obreiro e do traballo”. Ás 13 h será a celebración da Eucaristía. E o encontro rematará co xantar ás 14 h.