Foto: Faro de Vigo Deza.
No cumio do monte Faro, no concello de Chantada, cada 8 de setembro celébrase a romería na honra da Virxe María. Este ano, ao igual que en anos anteriores, a misa solemne celebrouse ás 13.00 horas e estivo presidida polo Bispo, monseñor Alfonso Carrasco. Participaron varios sacerdotes encargados de parroquias da contorna e centos de fieis chegados de toda Galicia, especialmente das comarcas de Chantada e do Deza.
As festas da Virxe do Faro rematan este día 9, cunha Misa ás 17.00 horas na capela. Ao remata, baixarase en procesión a imaxe da Virxe á igrexa parroquial de Requeixo (Chantada), onde se celebrará a Eucaristía ás 19.30 horas..