Nado no 1961, diplomouse con honras en órgano e composición organística no Conservatorio de Plasencia (Italia), na clase de Giuseppina Perotti, perfeccionándose despois con Michael Radulescu na Hochschule fur Musik de Viena. Posteriormente continuou con numerosos cursos de perfeccionamento. A súa actividade concertística levouno a tocar en festivais e agrupacións prestixiosas en Italia e no estranxeiro (Portugal, España, Andorra, Francia, Suíza, Austria, Alemaña, Eslovaquia, Polonia, Suecia, Inglaterra, Casaquistán, Uruguai). Colaborou tamén en prestixiosas agrupacións, coma o Coro della Radio della Svizzera Italiana, o Ensamble Vanitas ou Sonatori della Gioiosa Marca. Gravou para a Bottega Discantica, Divox Antiqua e Dynamics. Para a casa Fugatto rea- lizou, ademais de numerosos cedés, un deuvedé enteiramente dedicado á música de órgano de J. S. Bach. Sempre na mesma casa discográfica iniciou o proxecto de gravación da opera omnia para órgano de Bach, en instrumentos italianos, antigos e modernos. Realizou cursos de perfeccionamento en Italia, España, Portugal, Suíza, Alemaña, Suecia e Casaquistán. As súas interpretacións foron retransmitidas en RadioTre, Radio Clásica Barcelona, Rete due de la Radio della Svizzera italiana e da canadense CKRL. Ensina órgano na Escola Diocesana de Música Dante Caifa de Cremona, presidente da Asociación Musical Accademia Maestro Raro e membro da Asociación Internacional Organ in Progress. Director artístico do Percorsi d’Organo in Provincia di Como e do Autunno Organístico nel Lodigiano, é titular da Cátedra de órgano e Composición organística no Conservatorio de Parma. (www.enricoviccardi.com)