Foto: .
.
Este martes, día 28, celébrase, presencial e online, unha conferencia "A eutanasia: implicacións antropolóxicas, morais e médicas" organizada pola delegación episcopal para o clero no marco dos encontros de formación que propoñen ao longo do curso.
O encontro comezará ás 10:30 e rematará 13:15. Pode asistirse ao mesmo de xeito presencial, no salón de actos do Seminario Diocesano, ou virtual, a través de YouTube, na canle "Diócesis de Lugo". Para os interesados nesta útlima modalidade, habilitaranse lugares nas distintas zonas pastorais (Lalín, Monterroso, Baralla, Chantada e A Fonsagrada) nos que se proxectará en directo a xornada.
O director do Colexio de Médicos de Madrid, Manuel Martínez-Sellés, e o sacerdote e doutor en teoloxía, Ignacio Serrada Sotil, serán os ponentes.