Exhíbese regularmente en toda Europa, Israel, Rusia, Bielorrusia, Estados Unidos e Canadá nos instrumentos máis prestixiosos. É invitado con regularidade a manter conferencias e masterclass sexa de interpretación que de improvisación en prestixiosas institucións musicais Europeas e Norteamericanas, como no Conservatorio de Minsk (Bielorrusia) e os cursos do ISAM en Ochsenhausen (Alemaña). Forma parte do xurado en algúns dos máis importantes concursos internacionais. Dende o 2008 é organista adxunto do Santuario Franciscano de Verna, (Arezzo). Dende o 2010 colabora como organista coa Orchestra Sinfonica di Milano “G. Verdi” (coa que gravou en numerosas ocasións para Radio Tre Rai e para Decca). Como compositor a súa produción organística é de consolidada importancia a nivel internacional e testemuñada por virtuosos de gran fama: Stephen Tharp e David Briggs. É tamén autor dunha famosa serie de transcricións organísticas. É tamén Director Artístico do Festival Internazionale di Musica d’Organo do Santuario della Verna, do Festival Organistico “S. Donato” que ten lugar no espléndido órgano Luca da Cortona (1534-36) da Catedral de Arezzo, dende o 2016 é Artistic Advisor da Terra Sancta Organ Festival, organizado pola Custodia da Terra Santa. Grava coas casas discográficas Decca (Reino Unido), Spektral Records (Alemaña) e VDE – Gallo (Suíza). www.eugeniomariafagiani.com