Estudou órgano, piano e fortepiano no Conservatorio di Perugia, respectivamente con W. Van de Pol, M. F. Spaventi e C. Veneri e clavicémbalo na Scuola di Musica di Fiesole con A. Fedi. Continuou os seus estudos de órgano no Conservatorio de Amsterdam con J. Van Oortmerssen obtendo no 1999 o “Pos-graduado” en música barroca. No 1995 foi nomeado organista titular da Colexiata de Santa Maria a Maior en Collescipoli no órgano barroco W. Hermans (1678). Realiza regularmente concertos e masterclass en Italia, Europa, Estados Unidos, Canada e Xapón, sendo invitado habitual dos festivais de música antiga máis importantes (Lufthansa Festival, Oude Muziek – Utrecht; Vantaa Baroque Festival, Javea – España; International Baroque Music Festival, California; State University of Chico, Arizona; State University of Phoenix e Washington State University of Seattle; master classes de órgano, Oundle International Festival, England; master classes de órgano, Conservatorio de Pamplona; Banska Bystrika etc.). Gravou e interpretou concertos en directo para as máis importantes radios nacionais europeas (BBC, ZDF, YLE, RAI etc.). As súas interpretacións de música antiga e barroca acadan importantes consensos. Fabio Ciofini é tamén un activo director e concertista. Grava para a "Bottega Discantica" de Milán, para la Loft Recordings de Seattle, a Brilliant Classics de Amsterdam, e Glossa de Madrid. É director da Academia Hermans, na que traballou cos máis grandes solistas: o violinista Enrico Gatti, a soprano Roberta Invernizzi, o fortepianista Bart Van Oort (co cal gravou os con- certos KV 466 e 467 de W. A. Mozart para piano e orquestra, xulgado pola crítica como “excepcional”, 5 estrelas, na Rivista di Música, etc.). O seu ultimo disco da obra de 4 de Corelli gravado coa Ensemble Aurora (Glossa) ven de gañar o “Diapason d’oro” e o “Deutschen Schallplattenkritik”. Ensina teclado histórico no Istituto Superiore di Studi Musicali “G. Briccialdi” de Terni. Dende o 2010 é director artístico da Fondazione Brunello e Federica Cucinelli (Solomeo, Perugia).