Este domingo, 11 de xuño, ás 11 da mañá comezará a Eucaristía solemne do día de Corpus Christi presidida polo Bispo monseñor Alfonso Carrasco. Como é tradición, terá lugar na praza de Santa María, ao carón da catedral.
Invítase a tódalas persoas que asistan a realizar unha ofrenda floral ao Santísimo Sacramento colocándoa, antes do comezo da Santa Misa, nas escaleiras da praza, diante do altar.