O santuario da Benaventurada Virxe María do Corpiño Coroada, no concello de Lalín (Pontevedra), celebrará o comezo do mes de maio, mes de María, coa celebración da Santa Misa a varias horas do día 1: a partir das 9 da mañá, sendo ás 12 a solemne seguida da procesión e, pola tarde, ás 5 e ás 6.