Início / Menu Diócesis / Noticias

Formación en Monforte de Lemos


Na casa sacerdotal de Monforte (rúa Manuel María, 22) comeza, por segundo ano, un programa de formación que se desenvolverá ata o mes de xuño cada dúas semanas. Sempre será un venres á mesma hora: 8 da tarde.

A sesión inicial, o 20 de outubro, corre a cargo do vigairo xeral da Diocese, doutor Mario Vázquez Carballo, que tratará sobre o problema do mal.

Quince días despois, o 3 de novembro, o sacerdote e sociólogo Antón Negro Expósito dirixirá a sesión titulada “Cambio de civilización e cambio poboacional no sur de Lugo”.

O venres 17 de novembro, o sacerdote, filósofo e teólogo Ignacio Felpeto Criado tratará sobre o sacramento do bautismo.

En sucesivas sesións trataranse outros temas antropolóxicos e bíblicos.