GRUPO VOCAL SOLO VOCES

Lo último del obispo


Foi fundado en Lugo no ano 1992 polo seu actual director, Fernando Gómez Jácome, coa idea de facer repertorio a capela por un lado de arranxos de música moderna e por outro da interpretación da música antiga. Co tempo converteuse nun coro de cámara que lle permitiu acceder a outro tipo de repertorio, especializándose na recuperación da música vocal galega, tanto a capela como colaborando coas principais orquestras galegas: Orquestra Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Vigo 430, e outras formacións como a Orquestra clásica de Xove ou o Orpheon Consort de Viena e instrumentistas como os organistas Juan de la Rubia, Arturo Barba, Inge Beck, Ulrike Northoff, Gabriele Giacomelli e Giulio Mercati. Tamén ten investigado e realizado en concertos repertorios dos arquivos de música da Catedral de Lugo e do Seminario Diocesano de Lugo, esencialmente de músicos locais como Xoán Montes e Juan Antonio Moreno Fuentes. Ten participado en Festivais de Música como o IX Certame de Música Sacra de Ourense, diversas edicións da Semana de música do Corpus lucense e do Festival de Órgano do Corpus Christi de Lugo, VII Bienal de polifonía regional autóctona (Cangas de Onís), II e VI Ciclo de Música Sacra de São Pedro de Rates (Portugal), Temporada de Música Antiga no Douro en Lamego (Portugal). Tamén destaca a participación no II Festival de música de Compostela e os seus camiños Via Stellae e no Ciclo de música vocal de Espazos Sonoros, que o consolida como unha agrupación de peso no panorama musical galego. 

Contactos
Dirección

Plaza de Santa María 1
27001 Lugo Lugo

Teléfono

982231143

Correo electrónico

Envía Correo

March