Foto: Turismo de Galicia.
A Diocese de Lugo vén de facer público o horario de visita da igrexa do Salvador de Vilar de Donas, no concello lucense de Palas de Rei.
Este templo, construido no século XII e monumento nacional dende 1931, abre os primeiros e os segundos sábados de mes de 11:00 a 16:00 h. e os primeiros venres de mes de 11:00 a 12:30 horas.
As visitas son posibles grazas á iniciativa da Diocese e ao traballo e entrega dos misioneiros combonianos responsables da pastoral na zona de Palas de Rei, que facilitan o teléfono 982380705 para calquera consulta.