Naceu en Dinamarca, onde vive e traballa. Acadou a licenciatura en musicoloxía na Universidade de Arhus, obtendo o diploma en Música Sacra na Real Academia de Música de Aarhus, despois de ter estudado o repertorio de concerto con Anders Riber. Perfeccionase a continuación con outros mestres como Michael Radulescu na Hochschule fur Musik und darstellende Kunst en Viena. Foi organista titular e directora do coro da Gellerup Kirke de Aarhus do 1976 ó 1979 e dende 1979 na Grundtvigskirken de Esbjerg. Colabora tamén con importantes coros como o Treenighedskirkens Drengekor de Esbjerg e l’Esbjerg Concert Choir. Estudou o repertorio de concerto co mestre Hans Fagius e coa mestra Bine Bryndorf na Real Academia de Música de Copenhague. Tocou en Australia e nos Estados Unidos e realiza concertos con regularidade en Escandinavia e en toda Europa. Tanto como solista como acompañante gravou numerosos discos.