Naceu na vila de Abarán (Murcia) e medrou en Águilas, onde comezou os seus estudos musicais na especialidade de percusión. É licenciada en xestión de orquestra e percusión con honores nos conservatorios superiores de Murcia e Bruxelas. Ten un máster en formación de profesores. Estudou dirección cos profesores José Miguel Rodilla, José Rafael Pascual-Vilaplana e Cristóbal Soler. Amplía a súa formación cos profesores Juan Miguel Romero, Milanés Norman, Enrique García Asensio, Ángel Martin, Eugene Corporon, Philippe Gerard, George Pehlivanian, Nicolas Pasquet, Alex Schillings, Ives Segers, Jan Van der Roost, Johan de Meij, Douglas Bostock, Sergio Alapont, Rubén Gimeno, Álvaro Albiach, John Carewe e Dima Slobodeniouk. Foi membro da Orquestra Xuvenil da Rexión de Murcia, a Chapelle Musicale de Tournai, Orquestra Filarmónica de Bruxelas e da Orquestra Sinfónica da Rexión de Murcia. Ademais, gañou o primeiro premio do Concurso Nacional de Música Entre Cuerdas y Metales de Cartaxena (Murcia). Dirixiu a Orquestra de Valencia, a Orquestra FSMCV, a Orquestra de Cámara Sine Tempore e a Orquestra Xuvenil Nacional de España (JONDE). Foi seleccionada pola AESDO xunto coa academia da SMR para dirixir no Festival Internacional da Semana da Música Relixiosa en Cuenca. Foi convidada por bandas da Rexión de Murcia, Andalucía, Castela a Mancha, Canarias e Valencia, destacando a Youth Orchestra UE Wind, a Banda Municipal Sinfónica de Madrid, Municipal de Alacante, Bilbao e Municipal de Santiago de Compostela. Coma directora titular, dirixiu as bandas de Santomera e San Pedro del Pinatar, en Murcia, e maila Banda de Lalín, ademais de dirixir o Coro Xuvenil e a Coral Luis Areán foi profesora de Música de Cámara, Análise e Banda no Conservatorio Profesional de Música de Lalín. Isabel traballou como xurado en concursos nacionais de composición de marchas: Villa de San Pedro del Pinatar, Concurso Rexional de bandas de Murcia e logo no concurso internacional de bandas Ciudad de Benavente. Tamén foi invitada como profesora de dirección no conservatorio Liceo da Paz de A Coruña. Actualmente é directora asociada da Xoven Orquestra Sinfónica de Granada e directora asistente da Orquestra de Valencia con Ramón Tebar como director titular. Ademais segue ampliando a súa formación na Academia Internacional de Dirección de Orquestra José Collado (AIDO) en Valencia, con Cristóbal Soler como director artístico.