Ivan Vukčević, profesor de viola na Academia Internacional de Música Menuhin (dende 2012) e viola principal coa Orchestra della Svizzera italiana (dende 2002), é un emerxente defensor da viola como instrumento solista. Un ávido intérprete do repertorio de viola; Vukčević toca unha rara viola Landolfi de 1753, así como unha moderna viola construída por Bissolotti en 1991. A habilidade de Vukčević para elaborar convincentes interpretacións levoulle a estrear varias obras novas ademáis de tocar as pezas máis destacadas do repertorio. Ivan actuou a nivel internacional por Europa, Australia, América do Norte e Asia, e fixo varias gravacións; unha proba do compromiso de Vukčević de elevar o per- fil da viola para a próxima xeración de músicos. En 2008, Vukčević foi un dos membros fundadores do Quartetto Energie Nove con sede en Lugano (Suiza); un conxunto cunha visión para igualar a da feroz musicalidade de Vukčević, tendo gravadas obras de Prokofiev, Janacek e Smetana para o selo de música Dynamic. Entre os profesores de Vukčević figuran os grandes Alberto Lysy e Johannes Eskaer (Academia Internacional Menuhin), e anteriormente ocupou a cátedra de Viola Principal coas Orquestras Sinfónicas de Stavanger e de Basilea. Tamén tivo cargos de Principal coa Australian Youth Orchestra e Camerata Australia, ademáis de ser invitado habitual da Singapore Symphony Orchestra. Vukčević agora é o director artístico do «Mediterranean Notes Music Festival» de Tivat, Montenegro, que atrae a algúns dos mellores solistas e músicos de cámara do mundo e que figura como o máis destacado evento cultural do verán montenegrino.