JAKOB LORENTZEN

Lo último del obispo


É un recoñecido concertista e músico de cámara. Graduouse aos 14 anos en 1982, co exame preliminar de organista no Seminario de Copenhague, e por este medio converteuse no organista titulado máis novo de Dinamarca. Posterior- mente recibiu o título de graduación na Real Academia de Música de Dinamarca. En 1992 trasladouse a París, onde estudou piano (Christine Paraschos), improvisación (Pierre Cogen) e órgano (Susan Landale) no curso para concertistas do Conservatorio de Música. No exame final en 1995 foi premiado por unanimidade co primeiro premio de virtuosismo polo xurado (“Prix de Virtuosité à l'Unanimité” e “Félicitations”). 
Dende entón, realizou incansablemente concertos no seu país e no estranxeiro, na radio e na televisión, participou como concertista en diversos festivais internacionais, en varias gravacións de CD e películas, así como na publicación dunha serie de obras para editores daneses. Entre os numerosos premios que lle foron adxudicados destacan Schröders Music Award e Queen Ingrid's Commemoration Medal. En 2006 Jakob Lorentzen tocou no Christiansborg Palace Chapel para o bautismo do Príncipe Christian de Dinamarca. 
Jakob Lorentzen foi organista da Igrexa danesa en París. Hoxe ten o título de Master of Music na Igrexa de Holmen (a igrexa da Real Armada de Copenhague) e organista do Castelo de Christiansborg, Copenhague. 

Contactos
Dirección

Plaza de Santa María 1
27001 Lugo Lugo

Teléfono

982231143

Correo electrónico

Envía Correo

March