JAN VERMEIRE

Lo último del obispo


Nado en maio de 1968, recibiu os seus primeiros estudos musicais ensaiando no órgano con Deleersnyder na Music Academy de Veurne. Continuou estudando no Real Conservatorio de Bruxelas co profesor Hubert Schoonbroodt. Foi adestrado durante moitos anos pola pedagoga musical vienesa Hedda Szamosi. Tamén estudou dirección coral co profesor Florian Heyerick no Real Conservatorio de Ghent. Jan Vermeire é o organista do novo órgano Lapon (2011) na igrexa modernista Nosa Señora das Dunas (“A Catedral da Luz”) en Koksijde (Bélxica). De cote é convidado como recitalista a prestixiosos festivais de órgano. O ano pasado tocou concertos en Bélxica, Francia, Alemaña, Países Baixos, Portugal, España, Polonia, Reino Unido e Estados Unidos (recitais en Nova York, Washington, Shenandoah University e no famoso órgano do Mormón Tabernacle en Salt Lake City). Jan Vermeire é o director artístico do Festival Internacional de órgano de Koksijde e Veurne- Nieuwpoort, e tamén do Festival Internacional de órgano de Flandre (Francia). Realizou numerosas gravacións en órganos históricos en Flanders e foi retransmitido na Dutch Radio 4. No 2008 gravou un disco no marabilloso órgano Woehl (1716) en Ver-Assebroek (Bruxas). En 2012 un novo disco coas obras para órgano de Johann Sebastian Bach no órgano Jurgen Ahrend de Porrentruy en Suíza. En 2016 foi involucrado nun proxecto pola firma musical alemana Fagott-Orgelverlag para realizar as gravacións da obra completa de Samuel Scheidt. www.janvermeire.be

Contactos
Dirección

Plaza de Santa María 1
27001 Lugo Lugo

Teléfono

982231143

Correo electrónico

Envía Correo

March