Nada en Berna, estudou no Conservatorio de Bienne, onde obtivo o título de mestra de canto. Continúa a súa formación no Conservatorio de Lausanne, onde recibe o primeiro premio de virtuosismo. Durante os seus estudos preséntase como solista en moitos concertos e fai as súas primeiras experiencias no escenario. No Werdenberger Schlossfestspiele, interpreta Madame Reich en Les Joyeuses Commères de Windsor, o papel de Mercedes en Carmen de Georges Bizet. Na Ópera de Friburgo foi o Querubín das Noites de Figaro. Karin Richter cantou en varios concertos e creacións de música contemporánea, por exemplo en Berna na primeira representación de Misa de Gloria de Isabel Ramos Triano. A súa interpretación do Lied Rosen de Sofía Gubaidulina foi transmitida pola televisión suíza. Karin Richter dedícase con igual paixón ó oratorio. En varias ocasións cantou en Lausanne a parte de contralto da Paixón segundo San Xoán e na Paixón segundo San Mateo e a Misa en Si menor de J. S. Bach. Como membro do Coro de Cámara Suíza, Karin Richter participou en moitos prestixiosos concertos no Tonhalle de Zurich e Luzerner Festwochen nos que tamén participaron músicos de renome coma Daniel Barenboim, Claudio Abbado, David Zinman e Simon Rattle.