San Xosé María Díaz Sanjurjo
- 25 de outubro de 1818 nace en Suegos (Pol).
- 1829 comeza os seus estudos no Seminario de Lugo e continúa estudando despois na Universidade de Santiago.
- 1842 ingresa no Colexio Misioneiro de Ocaña, da Orden de Predicadores.
- 23 de marzo de 1844 recibe a súa ordenación sacerdotal en Cádiz, dende onde partirá para a súa labor evanxelizadora en Asia, primeiro en Manila, despois no Seminario de Luc-Thuy, en Tonkín, o seu destino misional. Xorde por esta época unha persecución contra os cristiáns ordeada polo emperador Tu-Duc.
- 1849 é consagrado Bispo en Doung-Xu-yen.
- 1852 é nomeado Bispo titular de Tonkin Oriental.
- 1857 despois de duras torturas e permanecer firme na súa fe, será decapitado en Nam-Dinh.
- 1851 é beatificado por Pío XII.
- 1988 San Xoán Paulo II celebra a súa canonización.