De familia vasca, naceu en Caracas e criouse no País Vasco. Estudou coa soprano Mª Ángeles Rodríguez e gradouse no Conservatorio de Música de San Sebastián. Asistíu ao curso de música vocal de cámara, de dous anos de duración, realizado polo mestre Maurizio Carnelli na Civica Scuola di Musica en Milán. Ten colaborado con formacións líricas e coros sinfónicos como o Coro ABAO Bilbao Ópera, Coro As.Li.Co., Madrigalisti Ambrosini, Capela de Mauricio, Camerata Poli Milán e outros, tanto de vocalista coma de solista. Desenrola unha intensa actividade teatral e concertística en diferentes formacións, de voz e cordas, voz e guitarra, voz e piano, cuarteto vocal, voz e órgano ou voz e clavicémbalo. Colabora habitualmente co organista e clavecinista Giulio Mercati. Dirixe o coro infantil do Teatro Sociale di Como – As.Li.Co. e colabora no proxecto Opera Domani.