Início / Menu Diócesis / Noticias

Lugo acolleu o día da Irmandade Obreira de Acción Católica de Galicia


O 6 de maio celebrouse na parroquia de San Francisco Xavier de Lugo o día da Irmandade Obreira de Acción Católica (IOAC) de Galicia. Nun ambiente festivo, dialogouse sobre o tema proposto para este ano: “Tecer vínculos de fraternidade no mundo obreiro e do traballo”. Eloina Ingerto, presidenta da Rede contra a pobreza, falou sobre a campaña de vivenda digna e accesible que están a traballar neste momento. O Bispo de Lugo presidiu a Eucaristía.