Início / Menu Diócesis / Noticias

Lugo renova o seu voto a San Roque


Dende o ano 1768, a cidade de Lugo renova, cada 16 de agosto, o seu voto a San Roque. Este ano haberá misa ás 10 h. e ás 11.30 h. terá lugar o voto do Cabildo na Catedral e, ás 12.30 h., o voto do Concello coa asistencia da corporación municipal.

A capela de San Roque está situada na rúa San Roque da capital da Diocese, preto da Muralla, fronte á Porta de San Pedro. Pertence á parroquia de Santiago A Nova e foi construída na primeira metade do século XVIII.