Comezou a tocar a trompeta á idade de sete anos e demostrou o seu talento en diferentes estilos de música clásica, dende a música do barroco á contemporánea. É licenciado pola Staatliche Ho- chschule für Musik Karlsruhe, o Conservatorium de Amsterdam, o Hochschule fur Musik Hanns Eisler de Berlín, o Manhattan School of Music en Nova York e na Schola Cantorum Basiliensis en Basilea. Os seus mestres son famosos pedagogos coma Reinhold Friedrich, Edward H. Tarr, Mark Gould,
Friedemann Immer, Frits Damrow, William Forman e Jean François Madeuf. A promesa temperá de Lukasz coma músico foi confirmada polos éxitos acadados en numerosas competicións internacionais. Lukasz tocou en numerosos países, dende a súa Polonia natal, a Alemaña, Italia, Suiza, Xapón, Países Baixos, Austria, Hungría, España, Serbia, África do Sur, Corea, Xordania e os Estados Unidos. A pesar da súa grande paixón polo jazz, Lukasz adicou gran parte da súa carreira á música barroca. En 2008 foi convidado para tocar o segundo Concerto de Brandemburgo de Johann Sebastian Bach coa Berliner Barock Solisten. A música contemporánea tamén é unha parte constitutiva da carreira de Lukasz. Como membro da Internationale Ensemble Modern Akademie de Frankfurt e como participante do Lucerne Festival Academy, Lukasz traballou con algúns dos maiores expoñentes da nova música. Polos seus logros artísticos, Lukasz recibiu becas da Jolanta and Aleksander Kwasniewski Foundation, o Ministerio de Cultura, a Alfred-Toepfer Stiftung, a Cidade de Breslavia e Yamaha Instruments 2009 entre outros.