Mans Unidas pon en marcha a XIV Festival de Clipmetraxes. Con este motivo, a ONG da Igrexa Católica invita ao alumnado dos centros educativos españois -a quen se dirixe a categoría escolar do concurso- e aos maiores de 18 anos -na categoría xeral- para que graven un vídeo dun minuto. Nos seus traballos, os participantes deberán amosar exemplos ou ideas de como xestionar, de maneira sustentable, a alimentación e a auga. O fin é demostrar como a través das accións individuais se pode contribuir a edificar algo máis grande, con repercusión colectiva.
O alumnado da categoría escolar pode enviar as súas clipmetraxes até o 16 de febreiro de 2023; os concursantes da xeral, teñen de prazo até o 4 de maio do mesmo ano.
Toda a información (bases, categorías, premios, xurado) aquí.
Mesa Redonda na Semana contra a Pobreza
Ademáis, no marco da Semana contra a Pobreza e o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, Mans Unidas organiza, para este xoves, 20 de outubro, unha mesa redonda que se poderá seguir por Youtube. Comezará ás 10 da mañá e nela serán analizadas as causas do aumento da fame no mundo, que alcanza xa a 828 millóns de persoas. Participarán Elena de Luís Romero, especialista en dereito á alimentación da Universidade Carlos III; Fidele Podga, coordinador de Estudos de Mans Unidas e José Luis Orpella, sacerdote e socio local da ONG en Garissa, Quenia.
A Nosa Voz