MARIO CIFERRI

Lo último del obispo


Mario Ciferri, organista, clavicembalista, director de coro e de orquestra, acadou de maneira brillante 6 diplomas nos Conservatorios de Música de Boloña, Pesaro, Roma e na Academia Musical de Pescara co mestre Donato Renzetti. Perfeccionouse con mestres de fama mundial, recibiu becas de estudo e foi premiado no Concorsi Organistici. Desenvolve unha intensa actividade concertística como invitado nos máis importantes festivais organísticos internacionais, tocando en prestixiosas catedrais de Italia e Europa: Burdeos, Lion, Montpellier, Fulda, Saarbcuknen, Karlsruhe, Darmsdadt, Ottobeuren, Wiesbaden, Londres (Catedral de San Paolo e Temple Church), Lincoln, Rochester, Edimburgo, Bratislava, Varsovia, Poznan, Wadowice, Losanna, Copenhague, Bruxas, Lund, Malmo, entre outras, e tamén en Russia (Filarmónica de San Pietroburgo, Perm, Ekaterinburg) e Siberia. Ten realizado numerosas gravacións discográficas e en DVD. No 2006 foi invitado a preparar e dirixir o Coro Rexional A.R.CO. na execución de música de Britten e do Requiem KV 626 de Mozart en varias sedes, entre as cales o Teatro alle Muse de Ancona. Como director de Coro no 2015 obtivo o primeiro premio absoluto no Concurso Coral Internacional “A. Guanti” de Matera, resultando vencedor tamén do premio especial A.Ba.Co pola mellor execución dunha peza de autor contemporáneo italiano. Vencedor do Concurso nacional para exames e títulos, dende o ano 2000 é titular da Cátedra de órgano complementario e Canto Gregoriano e do 2015 é docente no Conservatorio “Pergolesi” de Fermo. Tamén é organista titular da Igrexa S. Xurxo Martire de Porto San Giorgio, onde é o creador e director artístico do Festival Organístico Internacional que acadou a súa X edición. 

Contactos
Dirección

Plaza de Santa María 1
27001 Lugo Lugo

Teléfono

982231143

Correo electrónico

Envía Correo

March