Massimo Mercelli é o frautista coas dedicatorias máis importantes, grandes compositores coma Penderecki, Gubaidulina, Glass, Nyman, Bacalov, Morricone, Galliano ou Sollima escribiron ou actuaron con el. Massimo estudou frauta cos prestixiosos frautistas André Jaunet e Maxence Larrieu. Con só dezanove anos, entrou coma frauta principal no Teatro La Fenice de Vececia, gañou o Premio Francesco Cilea, o Concurso Internacional Giornate Musicali e o Concurso Internacional de Stresa. Actuou como solista nalgunhas das máis prestixiosas salas de concertos do mundo coma Carnegie Hall en Nova York, Philarmonie de Berlín, Teatro Colón en Bos Aires, Concertgebouw en Ámsterdam, Auditorio Nacional de Madrid ou Sala Čajkovskij en Moscova, con compañeiros coma Yuri Bashmet, Valery Gergiev, Krzysztof Penderecki, Philip Glass, Michael Nyman, Ennio Morricone, etcétera. Como pedagogo deu clases maxistrais na Norges Musikkhogskole (Oslo, Noruega), Academia Sibelius (Helsinki, Finlandia), Cleveland
Institute of Music (EE.UU.), Akron University (EE.UU.), Trinity College of Music (Reino Unido), Mannes School (Nova York, EE.UU.), Singapore Conservatory (Singapur), Oberlin Conservatory (EE.UU.), Bankok University (Tailandia), North Carolina University (EE.UU.), Universidad de Santiago (Chile), Taiwan University (Taiwán), Matan Project – Tel Aviv (Israel) e na Fundación Rostropovich (Vilnius, Lituania).Entre os seus últimos proxectos inclúense agravación das sonatas de Bach para Decca con Ramin Bahrami, a estrea mundial dun concerto de Sofía Gubaidulina adicado a el e a participación no concerto polo oitenta e
cinco aniversario de Kzrysztof Penderecki. Entre os seus próximos traballos destacamos o novo CD Bach SansSouci para DECCA con Ramin Bahram e a serie de cinco documentais sobre as sonatas de Bach para RAI5. A estrea mundial de Jade Concerto adicado a el por Richard Galliano, a interpretación no Teatro alla Scala de Milán de Warum de Sofía Gubaidulina, tamén escrita para el, e o novo concerto de David Chapela en Bos Aires e Os Ánxeles. Pola súa labor como promotor musical, foi premiado en dúas ocasións polo comisario europeo de Cultura Jan Figel e polo ministro de Cultura francés (Universidade de Praga e París, Centro Pompidou).