O organista polaco, Doutor en Artes Musicais, Mateusz Rzewuski é un dos intérpretes máis activos da nova xeración. Realizou estudos en prestixiosas universidades musicais de catro países: en Polonia, os seus estudos de mestrado en interpretación de órgano coa máxima nota e distinción na clase do profesor Andrzej Chorosiński na Universidade de Música Fry- deryk Chopin de Varsovia; en Alemaña, estudos de mestrado na Musikhochschule en Lübeck, na clase de órgano de Franz Danksagmüller; en Francia: interpretación de órgano e improvisación no Conservatoire à Rayonnement Régional de París, no marco dos estudos de concerto de posgrao «La cycle concertiste» na clase de Christophe Mantoux, que completou co Diploma «Concertiste» en 2017; e en Suíza, os estudos de posgrao en música antiga na Schola Cantorum Basiliensis de Basilea, na clase maxistral do mestre Wolfgang Zerer. En 2018, Mateusz Rzewuski recibiu o título de Doutor en Artes Musicais no campo de Interpretación Instrumental na sucursal de Białystok da Universidade Fryderyk Chopin de Música en Varsovia en base á súa tese de doutoramento: «The art of creation of sacre symphonic organ works based on the cycles of Symphonie-Passion op. 23 de Marcel Dupré e L’Ascension de Olivier Messiaen» e o primeiro CD gravado no órgano histórico de Aristide Cavaillé-Coll en Orleans en Francia. O músico desenvolve unha intensa actividade artística. Ten ofrecido concertos en festivais internacionais de catro continentes: en vinte e dous países europeos, Estados Unidos de América, Australia, Nova Zelandia, Corea do Sur, Hong Kong e Rusia. Participou en numerosas clases maxistrais impartidas por Guy Bovet, Piter van Dijk, Hans Fagius, Gerhard Gnann, Olivier Latry, Ludger Lohmann, Christophe Mantoux, Michael Radulescu, Daniel Roth, Wolfgang Zerer e moitos outros. Laureado en varios concursos: en Rumia (2011), Legnica (2013), Bardo (2013 – I. premio e premio especial), Vilnius (2015 – segundo premio e premio especial) e Białystok (2017 – I. premio e o premio especial). Mateusz Rzewuski foi dúas veces axudante do presidente da cidade capital de Varsovia e axudante do reitor da Universidade de Música de Varsovia. Tamén recibiu unha beca do Ministerio de Ciencia e a beca «Młoda Polska» por logros artísticos destacados do Ministerio de Cultura e Patrimonio Nacional, co propósito de cursar estudos de mestrado en Alemaña. En 2013, iniciou o Festival Internacional de Órgano e Música de Cámara en Łuków, en 2019 o Festival Internacional de Órgano e Música de Cámara en Biała Podlaska e os Concertos de Órgano e Música de Cámara en Praga.