Início / Menu Diócesis / Noticias

Nace en Taboada a confraría do Santo Encontro


Fegreses de distintas parroquias do concello de Taboada (Lugo), veñen de constituir a Confraría do Santo Encontro de Taboada. A intención dun dos seus impulsores, o crego Alejandro Asorey, é "facer máis viva a celebración da Semana Santa. 

Para facerse cofrade, é preciso contactar cos membros da directiva ou con algún dos sacerdotes da zona. A colaboración anual coa asociación sería de 20€, excepto nenos e adolescentes que estarían exentos.