Nicolás Varela García (Bermés, 1996) é titulado en Ensinanzas Profesionais de Música nas especialidades de Percusión (Conserva- torio Profesional de Música de Lalín, 2014) e Órgano (Conservatorio Profesional de Música de Ourense, 2021), obtendo en ambas Premio de Fin de Grao. Ao longo da súa carreira ten actuado como membro e convidado dunha morea de agrupacións en numerosos escenarios nacionais e europeos (WMC Kerkrade, Jungfrau Music Festival, Festival Rio Loco…), ademais de participado en diversos proxectos discográficos. Na actualidade está a cargo da organistía na igrexa de Santa María La Blanca de Alcorcón e é investigador predoutoral en Historia Económica na Universidad Carlos III de Madrid.